Raoul Hausmann: MELANOGRAFÍA




A luz e a sombra: a luz fai a sombra
Contraste complementario
A luz total vólvese invisible
Escribir coa luz? A luz queima a capa fotosensible, é a negra.
Tirando a impresión sobre o papel revertemos o efecto, contradición concordante.
Así é como obtemos a imaxe
NEGRA
A MELANOGRAFÍA!
Vexamos: aí hai ALGO, unha cadeira.
Collo unha lámpada, póusoa sobre o obxecto. Alumo. Que vexo? Que distingo?
Están en NEGRA sobre o chan as sombras;
a NEGRA que transforma o carácter da cadeira-obxecto.
É a De-significación do obxecto polos signos NEGROS que me chega a imaxe clara.
Pois a luz necesita a sombra. A sombra, que acentúa ou que iguala os contrastes afinándoos.
Vemos claro? Vemos escuro? Vemos as cousas pola escuridade que oferta os modelos.
É a sombra a que desintegra, a que deforma as cousas.
Transformar as cousas pola sombra, pola negra.
A MELANOgrafía fálanos.
Se movo a lámpada, as SOMBRAS xa non falan da significación, dan a imaxe doutra cousa, que non permanece, que evoca algo distinto ao obxecto.

É a desintegración pola luz, que non fala máis que polas SOMBRAS, que transforma o obxecto nunha imaxe De-significativa.

Grazas á MELANOgrafía coñezo o carácter secreto dos signos, que non significan máis do que o obxecto admite significar.

O movemento das SOMBRAS deteriora, transforma, desvela (revela) cada vez máis o verdadeiro carácter do OBXECTO, o que a COUSA non quere ser, non é só COUSA, materia, senón que posúe os elementos do exceso.

E é a MELANOgrafía, a contradición concordante, a que o demostrou.

7 de abril de 1968